Consiste nun sistema de escritura láser sobre edificios, que mediante un punteiro láser e uns potentes proxectores é capaz de escribir enormes mensaxes sobre edificios en tempo real.
Para capturar os movementos, o computador utiliza unha cámara de vídeo e un software de análise especialmente desenvolvida, que se basea unicamente nos movementos do láser.
Eses movementos son transformados en datos que o computador procesa para logo crear a imaxe, e devolvela ao mural a través dun proxector.
A realidade aumentada é o termo que se usa para definir unha visión directa ou indirecta dunha contorna física do mundo real, cuxos elementos se combinan con elementos virtuais para a creación dunha realidade mixta a tempo real.
Coa axuda da tecnoloxía, a información sobre o mundo real ao redor do usuario convértese en interactiva e dixital.
A diferenza da realidade virtual, nunha contorna de realidade aumentada os usuarios poden interactuar mesturando o mundo real e virtual dunha forma natural.
A proxección arquitectónica consiste nunha animación audiovisual que emprega as últimas tecnoloxías de vídeo proxección sobre edificios, sempre adaptable a áreas ou formas máis reducidas.
A través dun software propio, créanse animacións a tempo real adaptables á morfoloxía do edificio ou superficie en cuestión. A finalidade deste tipo de animación é transformar os espazos e o concepto estático da arquitectura.